Pagan metal | |
---|---|
Orixe musical | Metal extremo, folk metal, música folk, viking metal |
Orixe cultural | Comezos dos anos 1990 no norte de Europa |
Instrumentos típicos | guitarra eléctrica, baixo, batería, teclado, instrumentos folk |
O pagan metal é unha denominación estilística do heavy metal relacionada co black metal e o folk metal que combina características do metal extremo con tradicións pre-cristiás en forma de conceptos temáticos, melodías e instrumentos folclóricos ou linguas antigas.[1][2] O grupo noruegués In the Woods... foi un dos primeiros en ser clasificados con esta denominación,[3][4] e outros grupos como Primordial, Moonsorrow e Kampfar identifícanse tamén dentro deste estilo.[4][5][6]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search